27 de outubro de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE PADRÓN

 


Home / Xuventudes Socialistas / quenes somos / QUENES SOMOS?

quenes somos

QUENES SOMOS?

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é a organización da mocidade socialista de Galicia......

 

30/11/2009

 

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é a organización da mocidade socialista de Galicia, integrada polas agrupacións territoriais, así como polas agrupacións galegas do exterior. Xuventudes Socialistas de Galicia é unha organización independente que se relaciona a nivel federal coas Juventudes Socialistas de España (JSE). XSG é a organización xuvenil do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE). Participa no seu funcionamento e apórtalle as súas ideas, pero XSG goza de autonomía plena no funcionamento dos seus órganos e na adopción do seu ideario político. As Xuventudes Socialistas de Galicia son unha organización que se define como socialista e galeguista. Así, os valores fundamentais nos que asenta a súa ideoloxía son: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Avda. de Compostela, nº13 1ºD 15900 Padrón (A Coruña) Tfno.: 981810126
E-mail: padron@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera